Добавить новость
103news.com
World News
Июль
2023

Patiño, Candal, Filgueiras, Calvo, Mira e Coya triunfan no autonómico galego de fondo en estrada do Rosal

0
O Campionato de Galicia que percorreu o Baixo Miño puxo en xogo os títulos cadetes e juniors, en ambos sexos, e as coroas sub23 e elite femininas.

Seis ciclistas colgáronse medallas de ouro este domingo no último Campionato de Galicia de Estrada do ano 2023. A localidade pontevedresa do Rosal acolleu o autonómico de fondo, unha cita na que só repetiu título respecto á temporada anterior a cadete Lorena Patiño (XSM). As outras cinco coroas que se puxeron en xogo no percorrido polo Baixo Miño conquistáronas o cadete Carlos Candal (Cambre - Renault Caeiro), a júnior María Filgueiras (XSM), o júnior Sergio Calvo (Eolo - Kometa), a sub23 Laura Mira e a elite María Jesús Coya (Kiwi Atlántico - Louriña).

O Alto da Portela exerceu de xuíz nas tres carreiras que se disputaron baixo a organización do Club Ciclista O Rosal. A xornada comezou coa proba cadete masculina, que ofrecía un percorrido de 58 quilómetros e estivo marcada por unha fuga de dous corredores. Na primeira das tres voltas a un circuíto que transitaba polo Rosal e A Guarda, abandonaron a disciplina do pelotón Carlos Candal e Lucas Otero (Compostelano – Muebles Compostela). Este dúo chegou destacado á única ascensión á Portela, co seu cumio a 4 km da meta, onde o representante do Cambre – Renault Caeiro soltou ao da formación santiaguesa e antes de coroar uníuselle o seu compañeiro de equipo Diego López. Os dous ciclistas do conxunto amarelo presentáronse na chegada á Praza do Calvario con marxe suficiente para festexar o ‘dobrete’ da súa escuadra e Carlos Candal entrou por diante. O podio completouno Diego Souto (Vigués) ao encabezar o grupo perseguidor.

Dominio do XSM
Sobre a mesma distancia competiron a continuación as cadetes, as juniors e as masters. Esta carreira feminina estivo marcada polas constantes alternativas, con varios equipos buscando lanzar corredoras por diante, e decidiuse na subida ao Alto da Portela. O XSM impuxo o ritmo e a roda da súa cadete Lorena Patiño, defensora do título, só a puido seguir outra corredora da mesma categoría, Alejandra Neira (Cambre – Renault Caeiro). O duelo entre as dúas cadetes decantouse a prol da marinense grazas a un ataque na aproximación á Praza do Calvario e a do XSM sumou o seu segundo Campionato de Galicia na mesma fin de semana ao terse adxudicado na véspera o de Cross Country Olímpico en Outeiro de Rei. A medalla de bronce obtívoa Ivet Ivanova (Cambre – Renault Caeiro).

A terceira en cruzar a liña de meta foi María Filgueiras e fíxoo cos brazos en alto como nova campioa júnior. A miñesa outorgoulle ao XSM un segundo triunfo e na imposición da camisola da Federación Ciclismo Galego (FCG) estivo escoltada por Lara Fuentes (Cambre – Renault Caeiro) e Aroa Otero (Supermercados Froiz), segunda e terceira respectivamente. En canto ás masters, que non optaban aos títulos autonómico dado que non se alcanzou o mínimo de participantes esixido, venceron Rosa Marques (Melgaço) no grupo de idade de 50 anos, Montse Constenla (San Lázaro) no de 40 e Iria Nieto (Compostelano – Muebles Compostela) no de 30.

Exhibición individual
A xornada de ciclismo no Rosal pechouse coa proba raíña, na que compartían pelotón as elites, as sub23 e os juniors. As mulleres afrontaron un percorrido idéntico ao das categorías que rodaran anteriormente. A vitoria entre as elites correspondeu a María Jesús Coya por diante de María Jesús Barros (Team Oiense), mentres que nas sub23 gañou Laura Mira (Team Farto – BTC), campioa júnior no 2022.

Máis quilómetros, un total de 111, acumularon nas súas pernas os juniors. A carreira que incluía tres subidas á Portela saldouse cunha exhibición individual. Correndo como único representante do seu equipo, Sergio Calvo reaccionou en solitario para dar caza a unha escapada de oito unidades que chegou a superar os 2 minutos de vantaxe. Unha vez alcanzado o grupo de fugados, o ciclista da Rúa asumiu a iniciativa e na última ascensión descolgou a todos os seus acompañantes. A recompensa da medalla de prata obtívoa Juan Núñez (Cambre – Renault Caeiro) e coa de bronce fíxose Iván Blanco (Padronés – Cortizo).

A alcaldesa Ánxela Fernández asistiu a unha entrega de premios na que tamén participaron José Carlos Martínez, concelleiro de Deporte do Rosal; Aser Estévez, concelleiro de Educación e Eventos Deportivos da Guarda; Gerardo Álvarez, presidente de honra do Club Ciclista O Rosal; Alberto Sobrino, actual presidente do club organizador; e por parte da FCG o seu presidente Juan Carlos Muñiz e o directivo Óscar Sánchez.







Губернаторы России





Губернаторы России

103news.net – это самые свежие новости из регионов и со всего мира в прямом эфире 24 часа в сутки 7 дней в неделю на всех языках мира без цензуры и предвзятости редактора. Не новости делают нас, а мы – делаем новости. Наши новости опубликованы живыми людьми в формате онлайн. Вы всегда можете добавить свои новости сиюминутно – здесь и прочитать их тут же и – сейчас в России, в Украине и в мире по темам в режиме 24/7 ежесекундно. А теперь ещё - регионы, Крым, Москва и Россия.

Moscow.media


103news.comмеждународная интерактивная информационная сеть (ежеминутные новости с ежедневным интелектуальным архивом). Только у нас — все главные новости дня без политической цензуры. "103 Новости" — абсолютно все точки зрения, трезвая аналитика, цивилизованные споры и обсуждения без взаимных обвинений и оскорблений. Помните, что не у всех точка зрения совпадает с Вашей. Уважайте мнение других, даже если Вы отстаиваете свой взгляд и свою позицию.

Мы не навязываем Вам своё видение, мы даём Вам объективный срез событий дня без цензуры и без купюр. Новости, какие они есть — онлайн (с поминутным архивом по всем городам и регионам России, Украины, Белоруссии и Абхазии).

103news.com — живые новости в прямом эфире!

В любую минуту Вы можете добавить свою новость мгновенно — здесь.

Музыкальные новости




Спорт в России и мире



Новости Крыма на Sevpoisk.ru




Частные объявления в Вашем городе, в Вашем регионе и в России